jueves, 29 de octubre de 2009

Os ecos de Versalles


Versalles marcou o estilo dos palacios europeos do séculos XVII e XVIII. Imos facer un percorrido por algúns deles, o Palacio de La Granja e o de Oriente, os dous en España e o Palacio de Caserta en Italia.
O Palacio Real de la Granja é unha das residencias reais de España e atópase na localidade segoviana de San Ildefonso. As orixes deste palacio están nunha antiga Granxa de Frailes, nun fermoso paraxe no medio da Meseta , na que o rei se encaprichou un bo dia estando de caza, algo semellante o que pasara con Versalles. O estilo arquitectonico encádrase dentro do Barroco .As fachadas combinan o gris do granito e o blanco da pedra caliza. Se algo destacaba de este Palacio eran o parque coas súas fontes. Foi trazado por R. Carlier e posteriormente Bottineau, seguindo o modelo de Versalles. A comparacióndeste palacio con Versalles é constante, e en realidade ambos palacios foron concebidos con fins totalmente distintos. Versalles foi o centro neurálxico de Francia, mentres que La Granja era un lugar de descanso espiritual.
O Palacio de Oriente está situado no extremo occidental da Vila de Madrid e ocupa o mesmo lugar que a antiga Fortaleza Árabe. Posteriormente, sobre esta Fortaleza constriuse o antigo Álcazar dos Austrias, destruido polo lume a noite de Navidad de 1734 . Nos xardíns atopamos o chamado Campo del Moro, proxectado no século XIX, e aquí onde vemos unha das máis belas prespectivas do Palacio. No interior destes xardíns atópase un museo de carruaxes no que podemos ver os coches de cabalos de gala. Actualmente os visitantes do Palacio Real comezan o recorrido turístico polo Museo de Tapices e tamén visitan outras vintecatro salas e dependencias como son por exemplo, o Salón de Alabarderos, a Escaleira Principal ou as Galerías de retratos
O Palacio Real de Caserta atópase no antigo reino de Nápoles e das Dúas Sicilias. Foi mandado construir en 1752 por Carlos I. Neste momento Nápoles era a cidade italiana máis importante e unha das grandes capitais europeas. Por iso, para demostrar o grande esplendor, o rei encomendou un basto Palacio a Vanvitelli. Dise que o rei participou activamente no proxecto e que intentou emular por unha parte a grandeza de Versalles e por outra parte a disposición espacial do Palacio madrileño de El Retiro, no que creceu como infante en España. As dimensións do palacio son impresionantes xa que alberga máis de mil estancias e catro patios de igual tamaño. O estilo é Barroco per xa próximo ao Neoclasicismo. Vantivelli foi o responsable das obras do parque e xardíns, aparte de dirixir as obras do Palacio. O ambicioso proxecto do rei non se limitaba a edificación dun palacio senón a crear unha nova cidade que tivese todos os adiantos urbanísticos da época e fose a capital máis avanzada de toda Europa.
Antía García Diéguez

No hay comentarios:

Publicar un comentario