viernes, 23 de octubre de 2009

A Ilustración


Coñécese como Ilustración o movemento filosófico que se orixinou e desenvolveu en Europa, e particularmente en Francia no século XVIII. O precedente histórico máis apegado á Ilustración foi o Renacemento, onde se trataba de rachar co pasado medieval e renacer na nova modernidade. Os Ilustrados eran un grupo de intelectuais procedentes da burguesía e da nobreza. Tratábase dunha nova élite cuxo traballo intelectual tiña un peso crecente nas actividades económicas e na vida política dos estados do século XVIII. Éste movemento cultural desenvolveuse por toda a xeografía europea e americana, se se poidera establecer unha clasificación dos países “máis ilustrados”, á cabeza desta clasificación estarían Francia, Alemaña e Inglaterra.
A Ilustración francesa víu marcada pola preocupación sobre problemas sociais e políticos. Os principais representantes foron Montesquieu, Voltaire, Diderot e Rousseau. A Ilustración inglesa está orientada ao sistema parlamentario e á economía. As principais figuras son David Hume e Adam Smith. En Alemaña, a Ilustración céntrase no análise dos fundamentos e achega da razón. Afigura máis significativa foi Kant.
Varios monarcas aceptaron as ideas da Ilustración como base para as súas reformas. É o que se coñece como Despotismo Ilustrado. O monarca ilustrado é un soberano que acepta os principios deste movemento intelectual e desxa poñelos en práctica para beneficio do Estado e dos súbditos. Carlos III de España rodeouse dun reducido grupo de Ilustrados e, para fortalecer ó Estado, leva a a cabo numerosas reformas orientadas á agricultura, á industria e ao ensino. Tratouse dunha forma de Absolutismo, xa que as reformas, según o lema que todos coñecemos, “eran para o pobo pero sen o pobo”.
Alejandro Pavón Pacior

No hay comentarios:

Publicar un comentario