viernes, 7 de mayo de 2010

O Plan Marshall

Foi un plan dos EEUU para a reconstrucción de Europa tras a II Guerra Mundial. Recibiu o nome do secretario dos EEUU, George Marshall. Os feitos que deron lugar á decisión por parte dos EEUU de levar a axuda a Europa foron; o debilitamento inglés no Mediterráneo, no Golfo Pérsico e no Índico, cada vez tiñan menos bases estratéxicas e era máis difícil deter a posible expansión comunista. Ó mesmo tempo, se tiña medo á incorporación dos comunistas nos gobernos de varios países europeos. Cando Truman anticipaba a súa doctrina, Marshall advertía aos gobernos europeos que, de non mediar unha axuda económica-financeira, toda Europa Occidental caería nas mans da dominación soviética. Finalmente, o Plan Marshall asínase en 1948, creándose a OECE (Organización de Cooperación Económica) para coordinar a distribución das axudas. Estas consistiron en varios millóns de dólares en manufacturas, créditos e alimentos destinados a case toda Europa Occidental.
Verónica Gómez Vázquez

No hay comentarios:

Publicar un comentario