sábado, 8 de mayo de 2010

1969: a chegada do home á Lúa

O 20 de xullo de 1969, despois de 109 horas de viaxe desde Florida, e ante millóns de espectadores de todo o mundo, Neil Armstrong puxo o pe na Lúa, ao mesmo tempo que pronunciaba a famosa frase: "Un pequeno paso para o home, un gran salto para a Humanidade". A chegada do home a Lúa foi resultado da carreira espacial entre as dúas grandes superpotencias da Guerra Fría, EEUU e a URSS. En 1959, a URSS conseguiu rodear o satélite da Terra realizando fotografías do lado escuro da mesma. En 1961, o ruso Gagarin foi o primeiro humano que sae ao espazo exterior. A misión americana do Apolo XI de 1969 tiña como obxectivo pisar a Lúa e extraer mostras alí. O programa tiña dúbidas sobre os efectos da gravidade nos astronautas, na súa movilidade e na súa mente. O Apolo XI consegue aterrizar no denominado Mar da Tranquilidade o domingo 20 de xullo de 1969. Aldrin y Armstrong pisaron o solo lunar mentres Collins permaneceu na nave principal. Recolleron mostras de solo e de rochas, instalaron instrumentos científicos e izaron alí a bandeira norteamericana. Esta misión espacial marca o triunfo de EEUU sobre a URSS na carreira espacial. Hoxe en día, EEUU centra a súa atención en Marte.
Ignacio Vilariño Rey

No hay comentarios:

Publicar un comentario