viernes, 14 de mayo de 2010

O muro de Berlín


A finais da II Guerra Mundial Alemania e Berlín foron divididas en catro zonas de ocupación, a francesa, a briánica, a estadounidense e a sovética. En 1948, os aliados occidentais decidiron unir as súas zonas de ocupación e a URSS respondeu cun bloqueo terrestre á súa capital, Berlín. Os EEUU, ante isto, decidiron crear unha ponte aérea para abastecer á cidade. Esta situación tivo u nha duración dun ano. A crise deu lugar á división de Alemania en dous estados en 1949, por un lado a RFA (República Federal de Alemania, esfera de influencia occidental liderada por EEUU), e por outro a RDA (Rpública Democrática de Alemania, na esfera de influncia comunista, liderada pola URSS). Con esta división aumentou o rigor das autoridades facendo controis e poñendo arame para evitar o paso dun lugar a outro. Cada vez era máis difícil pasar, ata interrumpir tamén as comunicacións de teléfono, telégrafo...entre as dúas zonas de Berlín. Os dirixentes declararon que, en principio, ninguén tiña intención de construir un muro, pero que non lles quedaba máis remedio debido as constantes fugas do lado comunista cara o capitalista. En agosto de 1961 comezou a construirse o gran muro, de máis de 116 kilómetros de largo e altura variable. O muro deu lugar a que moitas familias quedasen divididas e non se viran ata a súa demolición. Extremouse a vixiancia, máis de 200 persoas morreron nos intentos de fuxida, e máis de 3000 foron encadeadas. De todos xeitos, moitos si conseguiron chegar ó lado occidental a través de tuneis. En 1985, Gorbachov comeza a realizar cambios e reformas importantes na URSS. Ronald Reagan, presidente de EEUU, pide a Gorbachov a apertura inmediata do muro. En novembro de 1989 derrúbase o muro de Berlín. Foi o primeiro paso cara o fin do comunismo na URSS en 1991 e en todo o leste de Europa nos anos seguintes. Alemania reunificouse en 1991. Na actualidade o comunismo como sistema existe en Vietnam, Corea do Norte, China e Cuba, entre outros. Foi o capitalismo o trinfador da Guerra Fría?
Juan Carlos Rey Vázquez

En agosto de 1961 levantouse un muro de cemento no barrio de Pankow en Berlín para acabar co éxodo do sector oriental comunista cara o sector occidental capitalista. Consolídase así a separación física do Reich en dúas cidades: o Berlín Leste e o Berlín Oeste. Desde a súa creación, o muro foi símbolo da opresión, da política de bloques e da Guerra Fría, que enfrontaba en calquer parte do mundo a norteamericanos e soviéticos. O muro de Berlín ou muro da vergoña tiña unha extensión de 165 km, e foi construido, sen previo aviso, a noite do 13 de agosto de 1961. A alzada do muro edificado foi de cinco metros, variando na súa anchura. Moitos foron os que morreron tentando cruzar o muro. Cos anos, o muro acabou simbolizando a división de Europa. A Berlín do Leste resultaba case imposible achegarse, mentres que Berlín Oeste era, non só unha atacción para turistas, senón que significaba tamén un elemento da liberdade de expresión. De feito, no muro aparecen moitos graffitis alusivos á división da cidade e á carencia de liberdade política que da lugar ós movementos dun lado a outro da cidade. A apertura do muro realizouse o 9 de novembro de 1989 producíndose así a súa demolición, un feito que os cidadáns de Berlín e todo o pobo alemán esperaba durante moitos anos. Aquel ano abriuse a fronteira coa perspectiva futura da reunificación de Alemania, feito que se materializou finalmente en 1991.
Martín Mejuto Sobrado
Iván García Costa

No hay comentarios:

Publicar un comentario