sábado, 8 de mayo de 2010

A Guerra Fría: Vietnam

A Guerra de Vietnam foi un conflito bélico que enfrontou entre os anos 1858 e 1975 aos estados de Vietnam do Sur, apoiados por EEUU, e vietnam do Norte, apoiado polo bloque comunista, no contexto xeral de Guerra Fría e das relacións internacionais bipolares. A República Democrática de Vietnam tivo o apoio dos movementos guerrilleiros de Corea do Norte, o Vietcong e os suministros da URSS ; Corea do Sur recibiu axuda das tropas de combate dos EEUU, ademáis de Australia, Nova Zelanda, sen olvidar os suministros materiais e o equipamento médico de Reino Unido e alemania entre outros. A Guerra de Vietnam non seguiu os cauces tradicionais da guerra de frontes, senón que foi unha "guerra de guerrillas", de "búsqueda e destrucción", xunto a numerosas accións de sabotaxe nas áreas urbanas. Houbo bombardeos masivos, empregáronse poderosas armas químicas e biolóxicas. As noticias dos medios de comunicacións occidentais amosaron os continuos abusos aos dereitos humanos cometidos na guerra. Ante as protestas da sociedade estadounidense, asínanse os Acordos de paz de París en 1973. Sen embargo, o conflito prosigue ata a unificación de Vietnam, como República Socialista en 1976. A guerra causara a morte de máis de dous millóns de persoas, a maior parte civís. Os danos medioambientais foron moi graves. Para os EEUU o conflito foi máis longo do que esperaban nun principio, este país sufriu unha gran derrota moral xurdindo o denominado "síndrome do Vietnam" en moitos cidadáns, isto se viu reflexado no mundo cultural e no cine.
Melanie García Vázquez

No hay comentarios:

Publicar un comentario