viernes, 21 de mayo de 2010

Mahatma Gandhi


Gandhi foi unha das máis grandes figuras do século XX. Naceu en 1869 nun remoto lugar da India. A súa nai era moi relixiosa e austera, isto lle influiu ao longo da súa vida. O seu pai exercía un posto importante, polo que a súa familia gozaba dun desafogado nivel económico. Na formación espiritual de Gandhi concurriron unha serie de culturas e credos: o hindú, musulmán e jain, estes últimos practicaban a non violencia. Foi un adolescente silencioso e austero. Estudou en Londres abogacía, alí descubriu Oriente cos ollos de Occidente e entrou en contacto coa relixión cristián. Xa como abogado exerceu a súa profesión en Sudáfrica, fundou un bufete para defender aos seus compatriotas ante o colonialismo británico e o periódico "The Indian opinion", así como o Congreso Indio de Natal donde participou activamente. A partir de 1904 leva unha sinxela existencia comunitaria, teorizando sobre o activismo non violento a favor da descolonización da India e daqueles pobos sometidos aos imperios occidentais. Foi encarcerado en varias ocasións. En 1915 volve a India donde lle tributaron un caloroso recibimento. Fundou unha comunidade case monástica, os seus membros dedicábanse a agricultura e o tecido a man. As masas o bautizaron como o Mahatma (O magnífico, o santo). A súa loita contra o colonialismo foi inerme, o amor era a súa arma política e os xexúns constituían a súa entrega á causa. Morreu asasinado en 1948, moi pouco despois da independencia da India. A súa figura de asceta segue sendo unha imaxe da loita sen violencia en todo o mundo.
Colaboración de Isabel G. Piñeiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario