Colaboración de Isabel G. Piñeiro
viernes, 21 de mayo de 2010
Mahatma Gandhi
Colaboración de Isabel G. Piñeiro
Bandung: a Descolonización
Colaboración de Isabel G. Piñeiro
viernes, 14 de mayo de 2010
Marilyn Monroe: un símbolo do século XX
Sofía López García
O muro de Berlín
Iván García Costa
lunes, 10 de mayo de 2010
Frida Kahlo
Ana Vila García
sábado, 8 de mayo de 2010
Fidel Castro
Fidel Castro naceu en 1926 en Cuba, fillo de Ángel Castro, un galego de orixe moi humilde alí emigrado. A pesar da mala situación económica da súa familia, Fidel estudiou en Santiago de Cuba e máis tarde en La Habana. Licenciose en Dereito e Ciencias Sociais. Axiña amosou interés na política e nas actividades revolucionarias de esquerda contra a dictadura de Batista. Militou no Partido do Pobo Cubano. En 1949 casou coa súa prometida María Díaz Balart. Fidel seguiu na loita revolucionaria, estivo no fracasado asalto ao Cuartel Moncada en Santiago de Cuba, que o levou a cumprir dous anos de prisión. Foi exiliado a EEUU e despois a México. Aquí preparou un segundo golpe contra o dictador Batista a través da organización dunha guerrilla. Entrou en La Habana en 1959 xunto a Ernesto Che Guevara. Xa no poder, Fidel Castro acércase á URSS, e comeza así a reforma profunda do estado, que pasou pola nacionalización dos recursos cubanos, unha reforma agraria baseada na colectivización, un partido único, o exilio dos opoñentes...Cuba convertiuse nun estado socialista aliñeado á URSS. EEUU contemplou isto como algo moi perigoso, hai que entender o contexto de Guerra Fría do momento. De feito, en 1962, estala a crise dos mísiles, que estivo a punto de acabar nunha guerra nuclear. As negociacións entre o presidente norteamericano Kennedy e o máximo dirixente soviético Jrushev puxeron fin ao conflito. Castro mantivo na illa un réxime marxista-leninista. Mantivo relacións co Terceiro Mundo, e obtivo grandes logros en sanidade e educación. Coa desintegración da URSS e o COMECON os problemas para Fidel e o estado cubano empeoraron. En 2006, Fidel anuncia a súa retirada provisional por enfermidade, en 2008 a súa retirada é definitiva, deixando no mandato ó seu irmán, Raúl Castro.Sasha Suárez Mosquera
A crise dos mísiles de Cuba

Alejandro Pavón Pacior
José Montalbán García
1969: a chegada do home á Lúa
Ignacio Vilariño Rey
A Guerra Fría: Vietnam
Melanie García Vázquez
Un episodio da Guerra Fría: A guerra de Corea
Despois da derrota de Xapón tras a II Guerra Mundial, o norte da península coreana foi ocupada polas tropas da URSS, e o sur, a partir do paralelo 38º, por EE.UU. A pesar dos acordos internacionais, nin as dúas grandes potencias nin a ONU conseguiron a unificación En 1949 produciuse a retirada dos soviéticos e dos estadounidenses, polo que a división de Corea se consolidou. Corea do Norte posuía unha maior riqueza industrial, eran comunistas (República de Corea) e Corea do Sur tiña mais recursos agrarios, estaba gobernada por unha ditadura militar (República Democrática Popular de Corea). Co triunfo da revolución comunista en China, Stalin, deu o seu acordo a un ataque norcoreano a Corea do Sur. O 25 de Xuño de 1950 as tropas de Corea do norte atravesan o paralelo 38º cara ó sur quedou reducida en torno a Pusan. A reacción norteamericana foi inmediata, Washington conseguiu un mandato da ONU para facerlle fronte a Corea do Norte. Gracias a isto Corea do Sur recuperou rapidamente o terreo perdido e tomaron a Seul como capital. O exército chino, co apoio do soviético sacou ó norteamericano de Corea. Foi cando o xeneral estadounidense, MacArthur, propuxo o bombardeo atómico ó norte de China. Isto levou a negociacións que rematan coa guerra de Corea o 17 de Xullo de 1953, despois da morte de Stalin. Finalmente, acordouse unha liña divisora entre Corea do Norte e Corea do Sur tomando como referencia ó paralelo 38º.
Ana María Meilán Sánchez
José Antonio Rodríguez Carballo
viernes, 7 de mayo de 2010
O Plan Marshall
Foi un plan dos EEUU para a reconstrucción de Europa tras a II Guerra Mundial. Recibiu o nome do secretario dos EEUU, George Marshall. Os feitos que deron lugar á decisión por parte dos EEUU de levar a axuda a Europa foron; o debilitamento inglés no Mediterráneo, no Golfo Pérsico e no Índico, cada vez tiñan menos bases estratéxicas e era máis difícil deter a posible expansión comunista. Ó mesmo tempo, se tiña medo á incorporación dos comunistas nos gobernos de varios países europeos. Cando Truman anticipaba a súa doctrina, Marshall advertía aos gobernos europeos que, de non mediar unha axuda económica-financeira, toda Europa Occidental caería nas mans da dominación soviética. Finalmente, o Plan Marshall asínase en 1948, creándose a OECE (Organización de Cooperación Económica) para coordinar a distribución das axudas. Estas consistiron en varios millóns de dólares en manufacturas, créditos e alimentos destinados a case toda Europa Occidental.Verónica Gómez Vázquez