lunes, 9 de agosto de 2010

Agradecementos




Rematou o curso. Quero expresar os meus máis sinceiros agradecementos a todos os alumnos e as alumnas de 4º ESO do curso 2009-2010 que fixeron posible este blog de Historia Contemporánea. Gracias ás aportacións, ó voso traballo e interés amosado ao longo do curso. Foi un verdadeiro pracer darvos clase. Moitas gracias Raquel Almuiña, Jennifer Almuiña, Paulo Álvarez, Javier Cabana,Alejandro Escariz, Ana Figueroa, Antía García, Jennifer García, Verónica Gómez, Beatriz Martínez, Pablo Martínez, Raquel Nogueira, Alberto Núñez, Juan Carlos Rey, José Antonio Rodríguez, Juan Varela, Ana Vila, Ignacio Vilariño, Jordi Gálvez, Aila Fernández, Mª Isabel Fulgueira, Jorge Gallego, Iván García, Melanie García, Olaia Gómez, Uxía Gómez, José Gómez, Sofía López, Ana Mª Meilán, Martín Mejuto, José Montalbán, Iago Montes, Alejandro Pavón, Carmen Rapado, Diego Rodríguez, José Ángel Rodríguez, Sasha Suárez y Damián Vicente. Tamén agradecer a participación de todos os colaboradores, Cintia, Marina, Cristina, ademáis da gran axuda prestada por Carlos e Tano. Gracias a todos os seguidores e lectores que fixestes posible esta experiencia. Para o próximo curso continuaremos.
Isabel G. Piñeiro

domingo, 20 de junio de 2010

O Land Art : Christo

Javachef Christo é un artista norteamericano de orixe búlgara. É un dos máis destacados autores da Land Art ou "arte da terra", unha nova proposta que aparece alá polos anos 60 do século XX. Esta tendencia artística caracterízase pola intervención do autor nun espazo, ben natural ou humanizado, urbano, e que este modifica, buscando a sorpresa no espectador. Así, na traxectoria deste autor atopámonos con pontes e edificios envoltos, os "empaquetagges" que cambian a face dunha cidade, como sucedeu co Pont Neuf en París ou o Reichstag de Berlín; ou illas e arrecifes rodeados por telas xigantescas de polipropileno, en Florida, destacando pola súa cor; ou as famosas sombrillas que ocupan enormes territorios, por exemplo en Xapón ou en California...



Estas intervencións de Christo e da súa muller Jean Claude, teñen un carácter efímero, son temporais. Logo, só podemos admirar estas obras a través das fotografías tomadas durante a súa corta permanencia na terra.
Colaboración de Isabel G. Piñeiro

A arte despois de 1945

A II Guerra Mundial supuxo o exilio para moitos artistas europeos. New York convírtese no novo centro artístico, sustituindo a París no seu liderazgo artístico. Dase unha situación propicia xa que se crea o MOMA e a galería “Art of this century” de Peggy Guggenhein. A partir de 1945, os artistas radicalizan as súas propostas pictóricas, borrando así os límites entre escultura e pintura, e levando o fenómeno artístico a límites inusitados. Nesta nova etapa que se abre trala guerra, veremos como se van consolidando as tendenzas abstractas e como se desenvolven as tendencias que rexeitan esa linguaxe abstracta; as tendencias figurativas. Entre as propuestas abstractas destacan o Expresionismo Abstracto americano e a Abstracción Postpictórica. Entre as propostas figurativas cabe salientar a Nova Figuración representada por Bacon, o Grupo CoBrA, o Pop Art, o Hiperrealismo e as propostas de final de milenio a favor da volta ao sentimiento: Transvangarda italiana, Neoexpresionismo alemán e Posmodernidade.


O Expresionismo Abstracto americano inaugúrase en 1947 cunha exposición dos chamados "cadros de chorreo" de Pollock, principal representante de Action Painting. Este artista inaugura unha nova forma de entender a arte abstracta na que o pintor convírtese no medio, no instrumento dos materiais utilizados na obra: grumos, regueiros de pintura, xestos, a superficie que rexistra a topografía do chan, o movemento do artista... O acto creador é o importante, non o resultado final da obra. Pintar o cadroe é un ritual, un proceso máxico, que reflexa a necesidade interior de crear. Hai unha relación evidente co Surrealismo e Kandinsky no automatismo, con Matisse na cor, e co Muralismo mexicano de Diego Rivera nos grandes formatos, sen esquecer a relación coas xilografías de Gorky. Outros representantes de Action Painting son De Kooning, que da unha maior importancia á figura da muller; Morris Louis,cunha producción na que a cor é vital; Neumann, que traballa con bandas luminosas; e Rothko, cunha obra baseada en campos rectangulares, verticais e horizontais, froito dunha maior meditación e reflexión.


A Nova Figuración xurde debido á reacción a abstracción. Hai un esgotamento da linguaxe abstracta, voltando ao sentimento e a reflexión. Bacon é un dos representantes da Nova Figuración. O centro da súa obra é o home, éste aparece deformado e irreconocible, símbolo descarnado da guerra e das masacres, do exterminio e da fame. Os espazos son claustrofóbicos e angustiosos. O Grupo CoBrA representa unha tendencia desta nova figuración fronte á pintura abstracta poñendo énfase na expresividade, no valor do xesto e no graffitti. Representantes son Karel Appel e Aleschinsky, entre outros



En relación co esgotamento da abstracción nace o Pop Art en EEUU nos anos 50 e 60. Hai queter en conta o novo contexto americano, unha sociedade capitalista na súa fase da era de masas, a era do consumo. A arte Pop toma o seu repertorio temático da publicidade, dos medios e iconas da sociedade de masas, do cómic...Esta proposta está en relación co Dadá, que levaba ó museo obxectos triviais como forma de provocación; sien empargo a Arte Pop reivindica os elementos da sociedade contemporánea como “museables”. Os representantes máis destacados son Andy Warhol, Jaspers Johns, Liechstenstein e Wesselmann en EEUU; e David Hockney Allen Johns en Inglaterra. Warhol realiza series sobre cómics, obxectos de consumo, imaxes e mitos da sociedade americana mediante a súa técnica de representación múltiple, que magnifican as súas propias imaxes; a Sopa Campbell, a Coca-Cola, Marilyn Monroe...
Colaboración de Isabel G. Piñeiro


viernes, 18 de junio de 2010

O 23-F


O golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981 en España, tamén coñecido como 23-F, foi un intento fallido de golpe de Estado intentado por unha serie de mandos militares. Este intento de golpe de Estado foi moi coñecido polo famoso episodio do asalto ao Congreso dos Deputados por un numeroso grupo de gardas civís co tenente coronel Antonio Tejero á fronte. Neses momentos estábase a producir no Congreso a votación do candidato á presicencia do Goberno, Calvo Sotelo, candidato por parte da UCD. Este golpe garda unha estreita relación con todo o sucedido durante a Transición Democrática (período no que se pasa da ditadura franquista, tras a morte de Francisco Franco, a unha nova democracia). Os síntomas de tensión permanente que levan a Tejero a organizar o golpe de Estado foron: os problemas que ocasionou a crise económica, as dificultades na nova organización territorial do Estado, os ataques da banda terrorista ETA, a resistencia dos sectores máis conservadores do exército, que se negaban a aceptar a democracia (s primeiros síntomas de malestar comezaran en 1977 coa legalización do PCE) e a propia dimisión de Adolfo Suárez como Presidente do Goberno e líder principal da UCD o 29 de xaneiro de 1981. Como sustituto de Suárez, o 18 de febreiro presentaría o seu proxecto de goberno Calvo Sotelo pero na votación do Congreso do día 20, non obtivo a maioría necesaria para ser investido, polo que se convocou unha nova votación o día 23 no mesmo lugar. Ese día sería o escollido por Tejero e os seus secuaces para asaltar o Congreso dos Deputados e así, tentar conseguir facerse co mando do país. Ás 6 en punto da tarde comezou a votación para a investidura de Calvo Sotelo e, 22 minutos máis tarde, ás 18:22h, momento no que ía emitir o seu voto o deputado Núñez Encabo, un grupo de gardas civís portadores de ametralladoras, irrumpiron no hemiciclo do Congreso con Antonio Tejero á fronte pronunciando as seguintes verbas: “¡Quieto todo el mundo!” e dando orde de que todos se tirasen ó chan. No momento, todos se axeonllaron excepto o tenente xeral Mellado (que se levantou pedindo explicacións a Tejero), o deputado Carrillo e o presidente Suárez (que permanecen sentados nos seus respectivos escanos). Enfurecido, Tejero efectúa un disparo ao aire. Este é seguido por unha serie de ráfagas das ametralladoras dos asaltantes. Pouco despois, prodúcese a Sublevación de Valencia, na que o Capitán Xeral da III Rexión Militar, Jaime Milans, sacou á rúa unha serie de carros de combate que circularon dende o porto até o centro da cidade, onde apuntaron a diversos edificios como o Concello ou as Cortes. A negativa do Rey ao apoio ao golpe foi fundamental para conseguir abortalo durante a noite. Este realizou unha serie de xestións que conseguiron dar por finalizado o golpe. A isto uniuse a rotura da fidelidade dalgúns secuaces de Tejero, que o abandoaron deixandoo sen apoios. Ás 22:00h retransmitiuse un comunicado por radio, no que Jordi Pujol aseguraba que o golpe fora abolido e a situación estaba baixo control. As consecuencias máis destacadas do golpe foron o inicio dun proceso de involución autonómica e o reforzamento da monarquía entre a poboación e os medios políticos. Os principais desencadeantes do golpe (Milans, Armada e Tejero) foron condeados a trinta anos de prisión.
Javier Cabana Soengas


A oposición ó Franquismo


ETA (Euskadi e Liberdade) nace en 1959 como grupo opositor ao Franquismo, aunque a súa actividade prolongouse tras o falecementode Franco durante o seguinte período democrático. ETA dispoñía dun considerable apoio social durante o réxime ditatorial pero o foi perdendo progresivamente. Según o Euskobarómetro (estudio sociolóxico realizado pola Universidade do País Vasco), máis do 64 % dos vascos rexeita totalmente a ETA, un 11% comparte só os seus fins e menos do 2% apoia a violencia da banda. O seu logotipo consiste nunha serpe envolvendo un hacha. Existe unha vinculación co chamado Movimiento de Liberación Nacional Vasco (MLNV) formado polas ilegalizadas Batasuna, Euskal Herritarrok e Herri Batasuna, ademáis das súas xuventudes de Segi e o sindicato LAB, que asumen uns principios comúns dentro do que chaman a esquerda abertzale. A banda organízase en comandos por áreas xeográficas determinadas. Soen ter refuxios e lugares ocultos donde esconder armas e explosivos.
Os GRAPO (Grupos de Resistencia Primeiro de Outubro) é unha organización terrorista cunha ideoloxía marxista-leninista de inspiración maoísta nada en 1975, como brazo armado da OMLE (Organización dos españois marxista-leninista) no exilio. A primeira acción terrorista foi en 1975 en Madrid atacando a dous gardas civiles; ademáis de asasinar ao policía Martin River ese mesmo ano. Despois da morte de Franco continuou a actividade da banda en accións violentas. Nos anos da Transición Democrática e posteriormente, levaron a cabo secuestros de gran impacto social. Ao longo da súa historia, GRAPO matou a máis de oitenta persoas. O seu apoio social é moi escaso. Algúns dos militantes históricos foron Manuel Pérez Martínez, Fernando Silva Sande, Francisco Brotóns Beneito, Fernando Hierro Chomón e Fina Aramburu García, entre outros.
Iago Montes Vázquez
José Gómez Pardellas

O asasinato de Carrero Blanco


Luis Carrero Blanco foi un militar e político español que ocupou diversos traballos no goberno de Franco. Simbolizaba o "franquismo puro", sen concesións. Chegou a ser insustituible pola súa experiencia e por manter o equilibrio interno do Franquismo. Sempre foi o home de confianza do dictador, de feito foi nomeado xefe de goberno en 1973, perfilándose como o herdeiro da dictadura no momento no que Franco desaparecera. "Operación Ogro" é o nome en clave co que ETA denominou o asasinato de Carrero Blanco. Os membros da banda desprazáronse cara Madrid e alquilaron un semisótano na rúa Claudio Coello; alí excavaron un túnel ata o centro da calzada, onde colocaron cerca de cen kilos de Goma-2., que explotaron ao paso do coche de Carrero Blanco o 20 de decembro de 1973. O obxectivo de ETA era acabar coa vida dun home que representaba unhe peza fundamental no réxime, e que se debuxaba como posible sucesor. Engadir que con este traballo non se pretende, en ningún momento, facer apoloxía do terrorismo, o único que se quere é narrar un feito trascendental na historia do noso país.
Alejandro Pavón Pacior
Pablo martínez Costales

Os fuxidos: O Piloto


José Castro Veiga, O Piloto, naceu en O Corgo. Ós dezaseis anos ingresou como voluntario no corpo de aviación de Madrid, onde obtivo o rango de cabo. Durante a Guerra Civil (1936-1939) loitou no bando republicano e, ó rematar, foi arrestado e condenado a trinta anos de cárcere, pero só cumpriu catro debido a un indulto. En 1945, ingresou no Exército Guerrilleiro de Galicia e elaborou os estatutos da II e da III Agrupación do Exército de liberación Nacional. A partir de 1948 o Partido comunista retira ó apoio aos fuxidos, pero O Piloto continúa a loita contra o Franquismo en solitario. A súa vida transcurría de noite, o seu refuxio as ribeiras e os montes de Chantada e O Saviñao. O seu último fogar foi unha casa xunto a unha familia de Taboada. Sobre a súa morte existen duas teorías; uns din que morreu de morte natural, outros que foi asasinado pola Garda Civil.
Uxía Gómez Méndez
Sasha Suárez Mosquera