lunes, 25 de junio de 2012

A historia no cine: "Invictus"


"Invictus" é un filme dirixido por Clint Eastwood en 2009 e protagonizado por Morgan Freeman no papel de Nelson Mandela. Tras o final do Apartheid, o novo presidente do país e figura de primeiro orde contra a política de segregación, Nelson Mandela, trata de acadar a convivencia e a reconciliación de brancos e negros a través do Mundial de rugby celebrado en Sudáfrica en 1995. A victoria de Sudáfrica na Copa Mundial  convírtese no medio para acadar unha cohesión pacífica grazas o deporte.
Apartheid significa separación. Aparece en 1944 para designar a política de segregación racial e da organización territorial aplicadas en África Sur, un estado multirracial, ata 1990. O obxectivo era separar as razas no terreo xurídico establecendo unha xerarquía na que a raza branca dominaba o resto. A poboación negra estaba privada da cidadanía e dos dereitos civís e políticos. O principio do fin do Apartheid tivo lugar co presidente branco De Klerk en 1991. A poboación negra recuperaba así os seus dereitos. O proceso culminou coa chegada de Nelson Mandela á presidencia do país.  tras vintesete anos de cárcere. 
A película amósanos a complexa situación tras o fin do apartheid en Sudáfrica e a política de reconciliación nacional que fomentou Mandela. 
Alba González, Dana Gargía, Javier García e Álex Vázquez

No hay comentarios:

Publicar un comentario