sábado, 20 de febrero de 2010

As mulleres na I Guerra Mundial

A I Guerra Mundial estala en Europa en 1914, debido á rivalidade entre as potencias imperialistas, e foi o conflito con máis mortes ata aquel momento da historia. Nos catro anos que durou, os homes tiñan que combater nas batallas, adicándose á loita diaria nos frentes e nas miserables trincheiras. Sen embargo isto só foi posible grazas a que as mulleres asumiron un novo papel. A partir da Gran Guerra, as mulleres xa non foron únicamente amas da casa, senón que empezaron a traballar nas fábricas, nos hospitais, conducían os camións, os tranvías das cidades, así como se ocuparon tamén das labores do campo para poder abastecer ás cidades e aos frentes. Isto levou ás mulleres a decidir que eran iguais de capaces que os homes para desempeñar os traballos dos que antes só se ocupaban os homes. Sen embargo a sociedade non lles outorgaba os mesmos dereitos que eles. Esta incorporación ao mundo laboral axudou ás mulleres na súa independencia e liberdade. A I Guerra Mundial supuxo un gran paso na historia da muller.
Ana Vila García
Melanie García Vázquez

O presidente Wilson

Vixésimo oitavo presidente dos Estados Unidos de América,Woodrow Wilson naceu en Taunton, Virxinia en 1856 e faleceu en Washington en 1924. Fillo dun pastor protestante, estudou na Universidade de Princeton, onde máis tarde traballou como profesor de Dereito Constitucional e chegou a ser reitor en 1902. Chega a política da man do Partido Demócrata, sendo gobernador de Nova Jersey en 1911. As súas reformas políticas e sociais en Nova Jersey chamaron a atención e o convirten en candidato á presidencia. Nas eleccións presidenciais de 1912 obtivo unha abafante maioría. Durante os seus dous mandatos como presidente (1913-1921) reforzou a intervención do poder central na democracia estadounidense, reorganizou o sistema bancario americano coa creación dun Banco Central (a Reserva Federal), creou un imposto federal sobre a renda persoal, introduciu a elección directa dos senadores por sufraxio universal, estendeu o dereito de voto ás mulleres, empregou a forza do Estado para loitar contra os monopolios e tratou de frear o consumo de alcol coa polémica Lei Seca. En política exterior tivo que enviar unha expedición militar a México en captura do revolucionario Pancho Villa, aínda que non conseguiu atrapalo. Wilson mantivera a neutralidade dos Estados Unidos na Gran Guerra de 1914, sen embargo rompe esa neutralidade ante os ataques submarinos alemáns á navegación no Atlántico, ademáis do temor a unha alianza de México con Alemaña para arrebatar territorios aos Estados Unidos. Deste xeito os Estados Unidos entraron na Primeira Guerra Mundial como aliados de Gran Bretaña e Francia, opoñéndose os réximes dos grandes imperios (Alemaña e Austria-Hungría). Co seu peso industrial e militar contribuíron á victoria aliada, á vez que demostraban a súa condición de gran potencia. En 1918 o presidente Wilson formulou dun programa democrático e pacifista, que prevía a abolición da diplomacia secreta, a liberdade de navegación en todos os mares, a redución de armamentos, a liberalización do comercio e creación dunha Sociedade de Nacións que garantise o arranxo pacífico dos conflitos. Wilson propuña aplicar o principio das nacionalidades, dando a independencia aos pobos con identidade cultural propia que estiveran sometidos ao Imperio Austro-Húngaro, ao Imperio Otomán ou ao Imperio Ruso. Terminada a guerra, Wilson trasladouse a Europa para participar na Conferencia de Paz de París (1919) , quedou decepcionado ante os desexos de revancha das potencias gañadoras. Regresou a Estados Unidos co gran mérito da creación da Sociedade de Nacións. Unha enfermidade apartouno da vida política, deixándolle inválido para o resto do seu mandato. En 1919 recibiu o Premio Nobel da Paz.
Iván García Costa

O armamento da 1ª Guerra Mundial

O armamento da I Guerra Mundial foi moi variado, utilizáronse desde canóns a baionetas, lanzachamas, granadas, ametralladoras, pistolas, rifles...Imos falar un pouco delas. A baioneta inventouse en Baiona, Francia, no século XVII. Sen embargo, foi moi utilizada nos dous bandos , ainda que o seu uso foi máis de carácter psicolóxico que práctico. A baioneta é un coitelo que acompaña ós rifles, e se utiliza no combate de corpo a corpo. Os soldados eran adestrados para dirixir a baineta cara os puntos débiles do corpo do inimigo, por exemplo aágorxa, aos pectorais etc. Os diferentes exércitos foron introducindo novidades nesta mortífera arma; por exemplo, os alemáns crearon adaptadores especiais para os seus famosos rifles, os Gewehr 98; e os franceses introduciron unha folla en forma de agulla para os seus rifles Lebel.

O lanzachamas foi moi utilizado polo exército alemán na Gran Guerra. Había dous modelos, un grande e outro pequeno, desenvolvidos por Fielder. Ambos usaban aire presurizado e dióxido de carbono ou nitróxeno que lanzaba chamas, no caso do máis grande, de ata 18 metros de distancia. Os alemáns utilizaban esta arma para limpar as liñas inimigas antes do ataque. Os británicos estaban moi intrigados polas posibilidades desta arma, de feito construiron os seus propios modelos. As granadas foron consideradas moi práticas para as operacións de asedio. Os alemáns levaban a dianteira do desenvolvemento destas armas. Detonábanse de duas formas, por impacto ou por mecha. Existía tamén a granada cilíndrica, que se activaba golpeándoa contra unha parede para contralanzala contra o inimigo. A primeira granada británica foi a Mack I, con forma de maraca e cun mamgo unido a unha bola, que se activaba ao quitar un anel. Eran pouco populares entre os soldados, xa que ás veces, estoupaban prematuramente. Tamén existían as granadas de rifle, utilizadas polos alemáns, pero eran pouco seguras. A chamada granada Nº 5 foi a dominante do exército alemán, e que aínda hoxe sobrevive. As ametralladoras de todos os exércitos eran moi pesadas, podían disparar entre 400 e 600 proxectís por minuto, cifra que se doblou a finais da guerra. Quentábanse rapidamente, tendo que ser refrixeradas por aire ou auga. Atascábanse con frecuencia, especialmente en climas calorosos ou cando os soldados non tiñan demasiada experiencia.
José Gómez Pardellas

viernes, 19 de febrero de 2010

Los navíos trampa de la 1ª Guerra Mundial


El 24 de julio de 1915, el Louise, un tres mástiles mercante con pabellón danés, navegaba solitario entre las aguas que separan el Nordeste de Escocia de las islas Orcadas. Estaban cerca de Scapa Flow, donde la Marina Británica tenia asentado su más notable refugio. Una presa perfecta para los submarinos alemanes. A las 18h un vigía avisó del avistamiento de un periscopio alemán a “una cuarta de babor”. Inmediatamente a la orden un equipo del barco se dedicó a desplegar los botes salvavidas antes de que el primer cañonazo les cayera a menos de una yarda de distancia. El U-36, así se llamaba el submarino, ya creía ganada esta trifulca. Desde que cinco días antes abandonara su puerto de atraque, Heligoland, ,el 19 de julio, había hundido ocho barcos y un vapor. Pero en ese mismo momento aparece otro barco, un carbonero con el nombre de Prince-Charles, el submarino se acerca a él y observa como el barco inicia su maniobra de evacuación, pero hete aquí que con la rapidez de un rayo el carbonero iza el pabellón de la Marina de Guerra británica. Las amuras se batieron, mostrando una batería de cañones, servida por una tripulación entrenada, hasta entonces disimulada bajo los toldos. Las piezas de babor abrieron fuego sobre el U-36 con tanto éxito que poco tardaron en convertirlo en una regadera. En aquella época los veleros neutrales tenían la costumbre de atravesar el Báltico con diversos cargamentos para los Aliados, madera, víveres, carbón, armas. . . los alemanes destruyeron un buen número de ellos. Los navíos-trampa, a los que los ingleses llamaron Q-ships (la q supongo que viene de question, porque los enemigos desconocían la verdadera identidad) eran verdaderos navíos de guerra, estaban inscritos bajo un falso nombre en la lista del Almirantazgo, provistos de oficialidad y tripulación de la Marina de Guerra. Exigían, tanto para los comandantes como para la tripulación, bravura y una cierta sangre fría, a fin de medir el instante propicio del ataque. ¡Un pequeño error podría resultar fatal! Por encima de todo lo más importante era el secreto, a fin de no ser pillados dos veces por el enemigo estos barcos cambiaban constantemente de nombre, tripulación, y apaciencia. El primero de los barcos trampa fue un vieja goleta construida en 1865, se llamaba Thirza. Bajo los nombres de Thirza, Ready, Probus, Elixir, o Q-30 este viejo navío que apenas valía para nada se mantuvo en forma, destruyendo alemanes hasta 1915. Y como él muchos otros que a lo largo de la historia realizaron grandes proezas.
Raquel Nogueira Fuertes

A guerra de trincheiras

Detrás das grandes batallas, das poderosas potencias, dos famosos dirixentes, das forzas de combate e do enorme número de baixas, existiu unha realidade de sofrimento e destrucción. Na I Guerra Mundial (1914-1918) milleiros de soldados viviron durante meses nas trincheiras, nelas, a vida era miserable, vivían na humidade, na suciedade, mal alimentados, durmindo coas ratas, e con constantes bombardeos e ataques inimigos. A rutina diaria consistía en resistir os ataques e intentar debilitar ó inimigo mediante ofensivas, momento no que os soldados saían das trincheiras. Estas consistían nun gran armazón de gabias e arames, na parte frontal había pequenos muros de sacos, tras os muros situábanse as ametralladoras e os canóns, de gran alcance e moi destructivos. Ás veces utilizábanse gases, que provocaban o terror nas trincheiras. Tamén nelas existían postos de mando, enfermarías e refuxios subterráneos.
Alberto Núñez Besteiro



A I Guerra Mundial comezou en 1914 co asasinato dos herdeiros ao trono do Imperio Austrohúngaro. A etapa que precede á Guerra de Trincheiras foi a Guerra de Movementos, na que a igualdade de forzas levou a un estancamento das tropas, feito que deu inicio á Guerra de Trincheiras en 1915, e que durou ata 1917, cando EEUU se uníu ao exército aliado. Esto provocou unha nova estratexia de combate por parte dos aliados: a segunda Guerra de Movementos, que deu fin ao enfrentamento. Unha trincheira é un burato escavado na terra, que serve para protexer o avance das tropas. Detrás das trincheiras da primeira liña atopábanse as trincheiras cubertas, que servían para protexer en caso de ataque inimigo. Tamén existían trincheiras de apoio, con refuxios subterráneos donde descansaban os soldados que non estaban loitando. Os suministros, alimentos e tropas de reemplazo eran levados a trvés dunha rede de trincheiras de reserva e comunicacións. A zona que quedaba entre trincheiras de ambos bandos era coñecida como "terra de nadie", un territorio perigoso, cuberto de arames e blnco fácil para o inimigo. A Guerra de trincheiras foi moi dura para os soldados debido a falla de alimentos, o frío, a lama e as plagas de ratas e piollos. Unha simple choiva podía transformar todo nun mar de lama. Outra das maldicións foi o frío, o inverno era extremadamente duro, contemperaturas preto dos -20ºC. Era case imposible moverse nas trincheiras moverse entre as trincheiras, non se podía facer lume, e, como resultado, os homes estaban expostos á humidade e ao frío, adquirindo o chamado "pe de trincheira". Unha multitude de ratas circulaban polas trincheiras, atacando ás escasas provisións que tiñan e atacando aos cadáveres dos soldados xa mortos na guerra. Non podían durmir, xa que incluso se atrevían a meterse baixo as súas gorras se escondían alí a comida. A hixiene deixaba moito que desexar nestes lugares, todos tiñan piollos. Eran centos e servían tamén para acabar co aburrimento. A vida nas trincheiras foi deblitando aos soldados, non só no aspecto físico, senón tamén no psicolóxico. Tíñase medo á morte, morrían moitos homes e a guerra alongábase. Ademáis os cadáveres descompoñíanse fronte as trincheiras. a falta de sono e a impotencia desmoralizaban ás tropas. Os soldados atopábanse desmoralizados, deprimidos, agotados e sen ánimos. Moitos caeron en desordes mentais. As secuelas psicolóxicas da guerra nos combatentes continuaron tras 1918.
Alejandro Pavón Pacior

A batalla de Verdún


A batalla de Verdún, de febreiro a decembro de 1916, foi un dos principais combates bélicos da Primeira Guerra Mundial, librado entre forzas alemanas e francesas nas proximidades da cidade francesa de Verdún. Planeada como unha sangría do exército francés; finalmente, foino para ambos contendentes. Verdún, situada na cima duns outeiros, desde a que se divisaba o río Mosa, no extremo oriental da liña de trincheiras francesa; foi practicamente desprovista de artillería e soldados nos meses previos á batalla, debido a unha nova teoría bélica de defensa: teoría da guerra de posicións. Os alemáns, conscientes da debilidade francesa, lanzaron un ataque artilleiro demoledor. O día 21 de febreiro de 1916, a artillería alemana alargou o tiro e aislou ás primeiras liñas francesas mediante unha barreira de artillería. A infantería tivo que soportar, sen apoio artilleiro o ataque inicial. A infantería alemana, con lanzachamas á espalda continuou a ofensiva arrollando todo o que encontraban ó seu avance. Sen embargo, as previsións do Estado Maior alemán pronto foron desbaratadas pola realidade. No medio da desolación e destrucción os soldados superviventes franceses empezaron a agruparse en centros de resistencia para deter o avance da infantería alemana. Desde febreiro a xullo de 1916, os franceses resistiron palmo a palmo, levando a batalla unha división tras outra, relevándose unhas a outras. O dominio aéreo comezou sendo alemán, pero pouco a pouco foi decatándose polo lado francés. Loitábase en accións encarnizadas locais, limitadas e violentas. Os heroes da batalla non serán só combatentes de fusil e granadas, de baioneta e coitelo, se non tamén, os enlaces, os telefonistas e os furrieles alemáns ou os homme-soupe franceses que arriescaban e perdían as súas vidas para levar auga e víveres ás primeiras liñas. Será tamén a batalla dos relevos, dos reforzos decimados pola metralla. Foi unha batalla de posicións, trincheiras e loita corpo a corpo con baionetas; a artillería desempeñou un papel importante xunto coas unidades de abastecemento. En decembro de 1916, tras nove meses de combate ininterrumpidos as pérdidas eran, en cada campo, da orde de 500,000 mortos, desaparecidos e feridos graves, que morrían nos hospitais de retaguardia. O resultado estratéxico era practicamente nulo: en decembro, franceses e alemáns encontrábanse moi cerca das posicións que ocupaban cando se iniciou a ofensiva. Nunca na historia da humanidade se derramou tanto sangue, loitouse tan ferozmente por uns kilómetros de outeiros e barrancos.

Uxía Gómez Méndez

1914: O asasinato de Saraxevo


O 28 de xuño de 1914, na cidade de Saraxevo, Gavrilo Princip, un nacionalista serbio , asasina ao príncipe Francisco Fernando de Austria, herdeiro da Coroa do Imperio austrohúngaro, e a súa esposa, a condesa checa, Sofía Chotek,. Este atentado foi o detonante da I Guerra Mundial. As autoridades austríacas escolleron o 28 de xuño para a visita dos herdeiros á Saraxevo porque era o día dunha simbólica festividade relixiosa, e era tamén o día do aniversario do matrimonio dos archiduques. O atentado foi realizado pola Xoven Bosnia, un grupo anarquista, que dispoñía de armas, bombas e de cianuro subministradas pola Man Negra, unha sociedade secreta. Os conspiradores carecían de calquera experiencia no manexo das armas, e tan só por una serie de verdadeiras coincidencias lograron realizar o magnicidio. As 10:15 da mañá, o cortexo de vehículos pasou ante un dos membros do grupo terrorista, éste intentou apuntar desde un edificio, pero non logrou obter un bo ángulo para disparar, e decide non facelo por medo ao fracaso da misión. Outro dos conspiradores arroxou, máis tarde, unha bomba contra o vehículo do archiduque, pero fallou o lanzamento. O propio Francisco Fernando colleu a bomba coas súas propias mans, e a lanzou fora do coche. A explosión feriu gravemente a gran parte dos espectadores. Un terceiro membro do grupo tragou a súa cápsula de cianuro e arroxouse ao río Miljacka. A policía sacouno do río, e este foi fortemente golpeado polo público antes de ser posto baixo custodia policial. A cápsula de cianuro que inxeriu non produciu o efecto esperado. Outros compoñentes do grupo terrorista fuxiron e o resto dos conspiradores non tivo oportunidade de actuar debido aos movementos da xente. Non obstante, o archiduque decidiu encamiñarse cara ó hospital para efectuar unha visita ás vítimas da bomba alí ingresadas. Durante este tempo, Gavrilo Princip, que se dirixira cara unha tenda das proximidades para adquirir un bocadillo, viu o coche do archiduque Francisco Fernando pasar polas proximidades da Ponte Latino. Princip disparou dúas veces: a primeira bala atravesou a porta do vehículo alcanzando á archiduquesa no abdome, mentres que a segunda bala feriu a Francisco Fernando no colo, falecendo os dous uns minutos máis tarde. Princip intentou suicidarse, nun primeiro lugar mediante a inxecta dunha cápsula de cianuro, e logo incluso coa súa propia pistola, pero vomitou o veleno, e a pistola foille arrincada das mans por un grupo de espectadores antes de que tivese nin sequera tempo para utilizala contra si mesmo. Durante o seu interrogatorio os conxurados non desvelaron nada respecto da conspiración. Tras o magnicidio, o Imperio austrohúngaro decláralle a guerra. a Serbia. Isto deu lugar o comezo da Gran Guerra, debido ao xogo de alianzas entre países.

Sofía López García

Raquel Almuiña Casas