sábado, 5 de noviembre de 2011

O precedente da revolución pola independencia das colonias americanas: O motín do té



O Motín do Té foi o punto de partida da rebelión das colonias inglesas en Norteamérica contra a súa metrópole, Gran Bretaña que derivou nunha guerra pola independencia e no nacemento dunha nova nación: os Estados Unidos de América. No século XVIII establecéronse na costa leste norteamericana trece colonias con certa prosperidade económica. Os colonos viñan do vello continente en busca de perspectivas de futuro e progres que ofrecían unhas terras virxes. A prosperidade das colonias baseábase no comercio do algodón e do tabaco. Isto deu lugar a aparición dunha clase burguesa enriquecida. A orixe da protesta provén das pretensións da metrópole de gravar con novos impostos ás colonias, sen que estas puidesen enviar os seus representantes ó Parlamento británico. "Sen representantes non hai contribucións", era a frase máis repetida polos colonos. Cando en 1773, chegaron ó porto de Boston varios cargamentos de té sobre os que tiñan que pagar máis impostos, os colonos americanos disfrazados de indios tiraron o cargamento ó mar. O goberno inglés pechou o porto de Boston e os colonos romperon relacións cos británicos. A guerra entre as colonias e a metrópole comeza en 1773 e remata en 1783, ano no que Gran Bretaña recoñece a independencia. nacían así os Estados Unidos de América.
María Rico

No hay comentarios:

Publicar un comentario