lunes, 14 de noviembre de 2011

George Washington: o primeiro presidente dos EEUU


George Washington foi o primeiro presidente dos Estados Unidos de América. Nace o 22 de febreiro de 1732 en Virixinia. Recibiu unha escasa educación, formouse como agrimensor, un oficio que consiste no estudo do terreo agrario, o que lle proporcionaría uns importantes coñecementos sobre o relevo das colonias. Con só vinte anos herda unha situación económica acomodada, era propietario de grandes extensións de terras, escravos, etc. e posuía un cargo na administración aínda que tamén traballa para unha empresa da metrópole inglesa que explotaba os recursos de América. Pero realmente a súa vocación era a militar. Era un defensor da política colonialista e da coroa británica, aínda que non lle gustaba o sistema financieiro e de impostos seguido pola metrópole. Casou con Martha Dandridge, unha viúva rica. Desta forma os dous continúan comprando terras convertíndose así en grandes terratenentes. Nese mesmo ano os británicos estaban enfrontados cos franceses-canadienses debido a unha disputa polo terreo no noroeste das colonias e o goberno colonial decide nomear a George tenente coronel. Envíano como dirixente do exército á guerra, que culmina coa victoria das colonias, isto deulle unha gran fama, que utilizaría nos próximos anos na política, a súa nova faceta. O coste desta guerra "A dos sete anos " ía recair por orde explícita da coroa nos colonos, estes negáronse a pagar a factura da guerra mediante impostos, excepto que as colonias americanas estivesen representadas no Parlamento británico e dita petición foi rexeitada. Os habitantes das colonias xa estaban cansos das políticas fiscais cambiantes da metrópole xunto a uns prezos dos produtos (tabaco, algodón, té...) en caída libre impostos pola compañía inglesa das Indias. George , vendo que os seus intereses se estaban vendo afectados decidiu retirar o seu apoio a metrópole, e como el moitos colonos, o que os levou a disfrazarse de indios e tirar todo o cargamento de té que ia sair de Boston a metrópole ao mar, este feito simbólico coñecese o Motín do té (1773), e considerase unha unha falta grave das colonias polo que a coroa responde cunha cuantiosa multa aos cidadáns de Massachussets para amortizar a perda. Estes néganse a pagar. O 4 de Xullo de 1776 proclaman a Declaración de Independencia dos Estados Unidos, redactada por Thomas Jefferson. Na Declaración promúlgase a liberdade, a igualdade, o dereito a rebelión contra a tiranía, a división de poderes... tamén se redacta a Declaración de Dereitos do home en Virxinia. Con este panorama estala a guerra, nunha primeira fase (1775-1777) Washington dirixe aos rebeldes a unha vitoria sobre os británicos, mediante a táctica das guerrillas, a batalla máis importante foi a de Saratoga que marca o inicio da segunda etapa, na cal Francia e España axudan aos insurxentes a derrotar a metrópole na batalla final de Yorktown en 1782, esta vez a estratexia rebelde consistiu na procura do desabastecemento do inimigo. En 1783 firmase a Paz en Versalles e o Reino Unido recoñece os EE.UU. de América. Despois disto promulgase unha Constitución que contempla a división de poderes; o poder lexislativo (senado e a cámara de representantes), xudicial (tribunal supremo) e o poder executivo que ocuparía o prestixioso político George Washington , tras unhas eleccións cun sufraxio universal masculino branco (só podían votar os homes maiores de idade brancos), no cal recibiu o 100% dos sufraxios, non se presentou por ningún partido nin estaba a favor deles porque cría nos candidatos e non no poder dunhas siglals. Era moi carismático, e tiña un amplo sentido democrático e administrativo, el impulsou a economía do país, facendo tratados comerciáis con Marrocos, Gran Bretaña... ademáis Washigton impuxo impostos as bebidas alcohólicas e tabaco. El tamén introduciu o límite por mandato presidencial a oito anos. Foi presidente dende abril de 1789 e marzo de 1797. Retirouse da vida política pero aínda mantiña un importante papel no exército dedicándose tamén a agricultura. Morre en 1799 debido a unha neumonía. Os estadounidenses recoñecéronlle o seu mérito e entrega ao pais poñendolle o seu nome a capital, Washington.

Martín Mejuto

No hay comentarios:

Publicar un comentario