sábado, 10 de abril de 2010

Os experimentos do Doutor Mengele


Josef Rudolf Mengele naceu en Baviera en 1911 e morreu en 1979 en Brasil. Foi un médico e criminal de guerra nazi, coñecido principalmente polos seus experimentos con seres humanos no campo de concentración e exterminio de Auschwitz, ocasionando a morte na maioría dos casos. Foi apodado "o anxo da morte",e, cando os vagóns de tren con centos de prisioneiros chegaban a Auschwitz, Mengele esperaba no andén xunto a outros médicos para facer unha selección dos máis aptos para a experimentación. Os supervivintes do campo de concentración que o coñeceron, o describían como un oficial aposto, cunha porte aristocrática, impecablemente vestido e perfumado. Os experimentos de Mengele foron financiados polo goberno nazi, e incluían intentos de cambiar a cor dos ollos por medio da inxección de sustancias químicas, amputacións e outras ciruxías terribles como os métodos de esterilización masiva ou os intentos de cambiar a cor do cabelo por medio de dolorosas inxeccións. Realizou experimentos con xitanos e xudeus con deformidades e enfermidades hereditarias e con siameses e mellizos. Co fin da II Guerra Mundial, o doutor Mengele foi prisioneiro de guerra, sendo liberado despois polos aliados, que descoñecían a súa identidade. A pesar dos esforzos de búsqueda, nunca foi detido e viviu ata 1979 baixo varias identidades falsas en Brasil. En 1985 os seus restos foron exhumados e identificados, grazas a un defecto dental. En 1992, os análise de ADN confirmaron a súa identidade.
Raquel Almuiña Casas
Mª Isabel Fulgueira Quintás

No hay comentarios:

Publicar un comentario