sábado, 10 de abril de 2010

Hiroshima e Nagasaki




Os bombardeos atómicos de Hiroshima e Nagasaki foron ataques nucleares ordenados por Truman, presidente dos EEUU en 1945. Foron dirixidos a Xapón os días 6 e 9 de agosto do último ano da guerra, de feito puxeron o punto final ó II Guerra Mundial. O 15 dese mes Xapón anuncia a súa rendición aos aliados. O día 6 de agosto lanzouse a bomba "Little boy", e o día 9 lanzouse a "Fat Man" en Nagasaki. Máis de 120.000 persoas morreron en Hiroshima, e 80. 000 en Nagasaki, ainda que unha porcentaxe importante morreron por lesións e enfermidades derivadas da radiación. Falaremos primeiro de Hiroshima, e logo, centrarémosnos en Nagasaki. Os xaponeses detectaron aeronaves estadounidenses sobrevoando o arquipélago ainda que non pensaron nun ataque aéreo masivo. Soamente deron o sinal de precaución para que a poboación se dirixira ós refuxios antiaéreos. O avión que lanzou a bomba de uranio foi o Enola Gay, que ía acompañado doutro avión fotográfico e outro instrumental. A bomba foi preparada para detonar a 560 metros de altitude, e, en poucos minutos formouse unha gran columna de lume e fume de cor grisáceo e morado. A temperatura do aire en Hiroshima chegou aos 4.ooo º C, que calcinou totalmente o centro da cidade. Tres días despois, o avión B-29 "Bock¨s Car", lanzou unha bomba atómica, esta vez de plutonio sobre Nagasaki, outra cidade xaponesa. Esta bomba tiña a capacidade de liberar o dobre de enerxía que a de uranio de Hiroshima. Os efectos en Nagasaki non chegaron a ser como os da outra cidade, xa que no lanzamento produciuse un erro de 5 Km, ademáis, Hiroshima estaba situada nun val, o que fixo que as ondas de lume se extenderan máis rápidamente que en Nagasaki. Os bombardeos atómicos de 1945 sobre Xapón produciron un gran impacto mundial.
Jorge Gallego Rivas
Paulo Álvarez Busto

No hay comentarios:

Publicar un comentario