sábado, 28 de noviembre de 2009

J. L. David: "Napoleón cruzando os Alpes"


Esta pintura romántica fai referencia a cando Napoleón, despois de tomar o poder en Francia en 1799, regresa a Italia para reforzar ao exército alí instalado, e intentar ocupar o territorio en mans de austria nese momento. En 1880, polo tanto, guía ó exército a través dos Alpes polo paso de San Bernardo. Pretendía sorprender ao exército austríaco tomando esa ruta. Houbo duas batallas decisivas, a de Montobello e a de Marengo. Napoleón vence, e a súa proclamación como Primeiro cónsul, permitíu un acercamento a Carlos IV de España. Foi o embaixador francés en España, Jean Marie Alquier, quen lle pedíu ao pintor David, un cadro para colgar no Palacio Real de Madrid como símbolo da nova relación entre os dois países. Bonaparte pedíu outras tres versións a David, unha para o palacio de Saint Cloud, outra para a Biblioteca dos Inválides e outra para o Palacio da República Cisalpina en Milán. Outra versión permaneceu nos diferentes obradoiros do pintor ata a súa morte.
O encargo especificaba un retrato de Napoleón co uniforme de Primeiro Cónsul, foi o propio Napoleón que decidíu aparecer no cadro montado nun cabalo guiando o seu exército a través das montañas. Na realidade, Napoleón iba montado sobre unha mula. O cadro foi unha forma de propaganda, de ahí esta representación de Bonaparte "calmado, montado sobre un fogoso cabalo", tal como suxeríu él mesmo. Os nomes que aparecen no cadro, Aníbal e Carlomagno, son os doutros grandes xenerais que levaron as súas tropas a través dos Alpes, mostrando así a importancia histórica do retratado.
Alejandro Pavón Pacior

No hay comentarios:

Publicar un comentario