sábado, 28 de noviembre de 2009

Delacroix: "A liberdade guiando o pobo"



Este cadro foi pintado por Eugene Delacroix no século XIX. Representa unha escena do 28 de xullo de 1830. O pobo de París levantou barricadas porque o rei Carlos X de Francia suprimira o Parlamento e tiña a intención de restrinxir a liberdade de prensa. Os disturbios e motíns iniciais convertíronse nun levantamento que desembocou nunha revolución que foi seguida polos cidadáns enoxados de todas as clases sociais. Non existiu un único cabecilla. Por iso Delacroix representa a Liberdade como guía que conduce o pobo. Ésta é unha figura alegórica e sensual que amosa todas as características do Romanticismo.
O pobo son todas as clases sociais unidas; represéntase o burgués co seu sombreiro de copa e empuñando o fusil; a súa beira aparecen un andraxoso e un ferido que pide clemencia a Francia. Ao fondo amósanse os lumes e fumes da liorta dun barrio de París. No centro amósase a beleza da dama co símbolo da liberdade, xa que empuña unha bandeira tricolor, o símbolo, a súa vez, da revolución, e cun fusil noutra man. Ós pes da muller hai un moribundo, a súa mirada indícanos que valeu a pena morrer pola liberdade. A obra coverteuse nunha icona universal da loita pola liberdade. Esta obra podemos atopala hoxe en día no Museo do Louvre en París. En 2008, este cadro foi usado pola banda británica Coldplay na portada do seu cuarto disco "Viva la Vida or Death and All his Friends".

Juan Carlos Rey Vázquez

No hay comentarios:

Publicar un comentario