sábado, 10 de abril de 2010

Memorias de un superviviente


Víctor Marcos Oppel, rumano, fue liberado de Sachsenhauses el 20 de abril de 1945. Lo que más recuerda "es el hambre...y el "appel", el recuento de prisioneros al volver a las barracas, una ceremonia que llevaba horas y horas bajo la lluvia, la nieve, los 20º bajo cero. ¿Quién podía escapar? Si alguien faltaba era porque había muerto. Entré en el campo de concentración con catorce años y con 78 kilos...Ahora valoro la insistencia de mi madre cuando me obligaba a tomar el desayuno. A veces me iba a la escuela sin tomarlo, y ella no se movía de mi lado hasta que me lo tomaba... Para llegar al campo de trabajo caminábamos siete kilómetros, mal calzados y apenas cubiertos por los uniformes a rayas. No éramos ni siquiera hombres, éramos números. Un día vimos un caballo muerto cubierto de gusanos...pero nos abalanzamos, lo devoramos y vivimos ese momento como un festín...Otro día, mientras limpiaba un vagón, alguien me dijo, "si te preguntan la edad no digas catorce, di que tienes diecisiete". Poco después llegó al campo el gran monstruo, Joseph Mengele. A una orden suya, algunos formaron a la derecha y otros lo hicieron a la izquierda. Yo quedé en medio. Entonces me preguntaron mi edad, dije diecisiete, y me mandaron a la derecha. Así, sin saberlo, salvé mi vida ya que a los de la izquierda los asesinaron en masa. Los de la derecha seguimos trabajando en el campo de concentración. Un paso, un simple paso, era la vida o la muerte.
Colaboración de Marina García Diéguez 2º ESO IES Monterroso

O Día D: O desembarco de Normandía

O Desembarco de Normandía, denominada en clave Operación Overlord, foi un ataque dos Aliados na II Guerra Mundial, levada a cabo no noroeste de Francia, daquela ocupada pola Alemania nazi. Tivo lugar o 6 de xuño de 1944, nesta operación actuaron as forzas estadounidenses e británicas co apoio das tropas francesas, polacas e canadienses. No desembarco participaron forzas aéreas e anfibios para asaltar Normandía e crear un novo fronte dos Aliados fronte ao Eixe. As forzas aliadas fixeron crer aos alemáns que o ataque sería en Calais o 24 de xullo. No primeiro desembarco tomaron as praias cerca de 170 000 soldados, atacando á resistencia alemana. O día seguinte desembarcaron 250 000 soldados máis e 50 000 vehículos para tomar os pobos e as cidades próximas á costa. O 25 de agosto os Aliados conseguiron, cun despregue de millóns de soldados, liberar París, que supuxo o comezo da caída dos nazis.
Juan Varela Armas


Din que o Día D foi o día máis longo da historia. É o día en que as tropas aliadas atacan ós alemáns nas costas de Normandía, para gañar parte do territorio e lograr retroceder aos nazis. Non foi unha tarefa doada, a preparación foi longa. No desembarco participaron acoirazados, destrutores, cruceiros, máis de mil lanchas de desembarco, bombardeiros, cazas, planadores e avións de transporte. Na gran forza aliada participaron norteamericanos e británicos principalmente, pero tamén canadenses, franceses e polacos. Xa en terra, esperando había tropas belgas, checas e holandesas. Os alemáns tiñan preparadas as súas tropas, infantería, acoirazados, bombardeiros, cazas, lanchas, submarinos e destrutores. Estas tropas estaban dirixidas por Rommel. Hitler estaba convencido de que a invasión era unha estrataxema dos contrarios, e que a verdadeira invasión ía ser polo río Sena. No momento do ataque os aliados tiñan pensada unha estratexia para facer crer a Hitler que o ataque sería en Calais. Debido a este erro, os aliados apoderáronse do Occidente de Europa, o que significou o comezo do fin da II Guerra Mundial. Desembarcaron 250 000 homes na costa francesa. Grazas á toma de Normandía, os aliados lograron avanzar ata París e cara o Rhin. A guerra estaba gañada.
Iván García Costa

Batallas da II Guerra Mundial: Stalingrado


A batalla de Stalingrado foi un enfrontamento entre as forzas alemanas e o exército soviético. Foi a máis sanguenta da II Guerra Mundial, deixando case dous millóns de mortos. Consistiu nun conxunto de combates librados entre o verán de 1942 e o inverno do seguinte ano ó redor da cidade de Stalingrado. Hitler tiña un gran interés en apropiarse dos recursos petrolíferos do Cáucaso. A batalla finalizou coa rendición das tropas alemanas tras as feroces carnicerías xunto ao Volga. Foi a primeira derrota de Adolf Hitler na guerra continental, e marcou o cambio de signo na contenda, o que daría lugar á victoria dos aliados en 1945. Na batalla cabe salientar o gran número de baixas do exército alemán. O crú inverno ruso xogou un importantepapel nesta histórica batalla levada ó cine recentemente.
Jennifer García Mariño


A batalla de Stalingrado foi o episodio máis dramático da II Guerra Mundial, e deu un xiro total á contenda. Esta batalla reuniu unha serie de combates en torno á cidade de Staligrado entre 1942 e 1943. As tropas alemanas viñan dunha gran victoria da Guerra Relámpago e avanzaban vigorosamente, pero houbo nun momento no que o exército alemán se dividiu co obxetivo de ocupar Stalingrado, no Volga , un punto clave para avanzar hacia o sur, hacia o Caucaso. En agosto de 1942 o VI exército,ás ordes do xeneral Friedrich Von Paulus, avanzou hacia Stalingrado empezando así un período de terribles enfrontamentos nas rúas ó intentar sacar as forzas rusas da cidade. Esta división non serviu de moito xa que as tropas nazis atopáronse cunha resistencia soviética. En 1942 o exército alemán xa avanzaran ata Stalingrado, non parecía dificil ocupar esta cidade, xa que ían saltando obstáculos hacia as riquezas petrolíferas, carboníferas e de magnesio de Cáucaso. Pero a poboación e o exército vermello amosaron unha gran resistencia e valentía. Stalin ordenou que todos aqueles que abandonaran a súa posición de defensa sería executado, o exercito alemán tamén eliminaba os que fuxían. Os peor equipados eran os rusos, e, ainda que poñían todas as súas forzas, os alemán os tiñan acorralados. A cidade converteuse nun sanguento campo de batalla; os bombardeos continuos, os combates diarios, un millar de avións sobrevolando Stalingrado, a artillería nazi atacando... Sen embargo, os rusos resistían. Os nazis estaban desmoralizados, tiñan mellor tecnoloxía pero quedaron atrapados nunha maniobra rusa, tiveron que rendirse. Para Alemaña esta derrota foi unha humillación. Stalingrado cambiou o signo da II Guerra Mundial.

Sasha Suárez Mosquera

Blitzkrieg: La guerra relámpago alemana


A "guerra relámpago" é unha táctica militar baseada no uso masivo de vehículos blindados, infantería mecanizada, artillería e bombardeos rápidos. Os elementos desta guerra son a rapidez, a sorpresa, a coordinación de forzas e das posicións inimigas, evitando así as reaccións do bando contrario. En 1940 Alemania, con esta táctica invade Noruega, Dinamarca, Holanda e Bélxica. O obxectivo de Hitler era invadir Francia desde Bélxica. O consigue, as tropas nazis entran en París, dando lugar á división de Francia. Hitler intentou conquistar Inglaterra con ataques da aviación e por medio dun gran bloqueo naval , pero non o conseguiu. En 1942 a "guerra relámpago" perde eficacia dando lugar ó fin do Eixe.

Jennifer Almuiña Pérez

La "Guerra relámpago" se realizó durante las batallas correspondientes a la primera fase de la Segunda Guerra Mundial: en Polonia, en las invasiones de Francia, los Países Bajos y en la Unión Soviética. Fue muy efectiva debido a las penetraciones por sorpresa, a la falta de preparación general del enemigo y a la incapacidad de reaccionar rápidamente a las preparadas ofensivas alemanas. Las constantes victorias del ejército alemán fueron debidas a este nuevo sistema de guerra llevado a la práctica a partir de los escritos de Guderian, al que Hitler leyó. La Blitzkrieg incluye el uso de maniobras para derrotar al oponente, traza operaciones utilizando la concentración de fuerzas combinadas de recursos móviles en un punto central: los blindados, la infantería móvil, la artillería y el apoyo aéreo. Estas tácticas necesitaban el desarrollo de vehículos especializados, nuevos métodos de comunicación, nuevas maniobras militares y la descentralización de mandos. La Blitzkrieg necesitaba la formación de la infantería mecanizada, los tanques, la artillería y cuerpos de ingenieros especializados. Para conseguir la rotura del frente, la infantería y las fuerzas blindadas, atacaban la línea defensiva del enemigo, apoyada por fuego de artillería y bombardeos para crear una brecha en la línea enemiga y así poder rodearlos. En la fase inicial de la operación, las fuerzas aéreas intentaban ganar superioridad sobre las fuerzas enemigas, atacando los aviones situados en tierra, bombardeando sus aeródromos e intentando destruirlos en combates aéreos. El uso de fuerzas aerotransportadas interrumpían las actividades enemigas. Los alemanes se movían siempre más rápido que las fuerzas enemigas, para ello era importante tener un eficaz centro de decisiones, ésta debían ser ejecutadas rápidamente, por eso se comunicaban de forma verbal o a través de órdenes escritas de poca longitud. En la fase final de la "guerra relámpago" se efectuaba la captura de prisioneros y armamento.

José Montalbán García



O armamento da II Guerra Mundial

O junker Ju87 ou Stuka foi un avión de ataque empregado pola Luffeware durante a II Guerra Mundial, moi recoñecible polas súas ás de gaivota invertidas. Era estable, preciso e moi efectivo, aínda que pola súa antigüidade era lento e difícil de maniobrar e vulnerable frente os caza inimigos. Os alemáns aprenderon na Batalla de Inglaterra a importancia da superioridade aérea, de ahí o seu uso na táctica da "guerra relámpago" que tantas victorias lles fixo acadar. A velocidade do avión era de 550 kilómetros por hora, a súa carga normal era dunha bomba de 500 kg e despregaba unhas aletas que emitían un ruído aterrrador.
José Gómez Pardellas



Se nos situamos na II Guerra Mundial, podemos falar dunha serie de vehículos que se empregaron durante a mesma. Entre eles, podemos destacar ós seguintes: DUKW, Kübelwagen, o vehículo de recoñecemento Tipo 95 e o Willys MB. Estes vehículos usábanse principalmente para o transporte, tanto de pasaxeiros como de armas ou mercadorías necesarias para a guerra, e rara vez estaban inmersos na parte máis profunda dos combates, xa que non estaban o suficientemente preparados nin tiñan un deseño axeitado. Para este fin, o de combater, os alemáns idearon unha máquina moito máis poderosa e apropiada: o Panzer.


O Panzer foi un carro blindado da Alemaña nazi empregado na II Guerra Mundial. Foron diversas as evolucións deste aparello. Neste caso ímonos a centrar nos comezos do carro, que foi creado para contrarrestar ao T-34, que era o vehículo de combate que empregaban as forzas da Unión Soviética. Foi un carro con diversos nomes (Sd. Kfz, Panzerkampwagen…) pero en 1944, Hitler ordenou que dende aquel momento, o tanque debía ser coñecido única e exclusivamente co nome de Panther. En 1943, sacouse a combate por primeira vez ao Panther. Heinz Guderian, que era o director da fábrica onde se construían, afirmou que non era recomendable facer entrar en combate tan pronto aos tanques, pois o seu desenrolo non estaba completado. Pero Hitler non foi capaz de esperar e ignorou as voces de Guderian. Craso erro, pois os primeiros tanques estiveron pragados de problemas mecánicos. As cadeas e a suspensión rompían a miúdo, e o motor era propenso a requentarse e estalar en chamas. Nos comezos, eran máis os Panzer que quedaban fora de servizo por fallos propios que os que eran destruídos pola acción inimiga. Durante os primeiros enfrontamentos, o T-34 mostrouse superior ao Panzer alemán e por isto, os alemáns enviaron a un equipo que valorase e investigase o funcionamento do T-34. Decatáronse de que este último era superior en blindaxe, rodas e canón. Entón, os enxeñeiros alemáns puxéronse mans á obra e constuíron 2 modelos. Un case idéntico ao T-34 e outro que destacaba por ser máis poderoso e diferente do soviético. Evidentemente, o escollido para os combates foi o último. Despois disto, a evolución do Panzer seguiu o seu curso e apareceron as sucesivas versións II, III, IV, que incorporaban cada vez máis melloras. Logo fabricaron a versión V, sendo esta a última e definitiva. O Panther V estaba constituído por un blindaxe inclinado e un canón sobresaínte (principais características non comúns nos deseños alemáns). Pesaba unhas 43 toneladas e estaba propulsado por un motor Maybach HL 230 V-12 de 23 litros, que entregaba aproximadamente uns 700cv de potencia a 8 rodas dobres entrelazadas de aceiro e rodas de goma en cada lado cunha suspensión escalonada de barra de torsión.
Javier Cabana Soengas

jueves, 8 de abril de 2010

O Surrealismo: Miró


Miró foi un pintor surrealista, el mesmo creou un universo propio de signos, cores, formas e obxectos. O Surrealismo foi un movemento artístico que se desenvolve no período de Entreguerras.Foi unha época de grandes tensións sociais, na que se produce unha crise de valores que se manifesta na arte. O Surrealismo buscaba o irracional a través do mundo dos soños e do subconsciente. Nos cadros surrealistas aparecen imaxes sen lóxica, afastadas da razón, son o produto dos soños, neles, o subconsciente queda liberado. Esta obra de Miró, "Interior holandés I", é do ano 1928. Representa unha escena de interior, nunha habitación da que vemos dúas paredes. Nela aparecen obxectos e figuras colocados sen sentido; son obxectos que se refiren ao mundo animal, algún instrumento musical e unha paisaxe de mar con paxaros voando, ademáis dunha casa e árbores ao lonxe. Miró plasma neste cadro a súa gran fantasía e imaxinación. Rememora o seu propio universo de signos. Miró foi un pintor orixinal, único e irrepetible.
Ana VilaGarcía

miércoles, 7 de abril de 2010

As Vangardas de Entreguerras: Miró


"La masía" é unha obra de Joan Miró realizada en 1921. Este autor se encadra no Surrealismo, movemento artístico que se desenvolve na etapa de entreguerras. O cadro amósanos as riquezas da súa terra natal, Cataluña. Todos os obxectos están illados e traballados con moito esmero, son obxectos cotiás representados con claridade e nitidez; aparecen animais domésticos e vexetais da vida diaria no campo. Miró altera a disposicións destes obxectos, por exemplo, fai desaparecer a parede do establo para que poidamos ver o que hai no interior do mesmo; e tamén nos amosa as raíces da árbore do centro da obra. O autor varía a perspectiva dos obxectos, de xeito que aparezan de fronte e outros de prfil, como a regadeira e máis o caldeiro. O uso desta perspectiva ten moito que ver co Cubismo, movemento revolucionario e rupturista descuberto por Picasso a principios do século XX. En "La masía" de Miró predomina o espazo dos soños, o que vai máis alá da realidade, amósanos un espazo "suprarreal". Miró pinta este cadro en París, rememorando a paisaxe catalá, o que pinta é deformado pola memoria, polo seu subconsciente, unha das características do Surrealismo. Sen embargo, o Surrealismo de Miró, baséase na pintura de signos. Vai afastándose da figuración para achegarse, en obras posteriores ó abstracto. Abre unha nova vía ou camiño na historia da arte.
Melanie García Vázquez