sábado, 24 de marzo de 2012

Lenin: o creador da URSS


Vladimir Ilich Ulianov, Lenin nace no ano 1870. Con catorce anos comeza a ler libros 2prohibidos" no Imperio ruso dos zares. Estudou dereito en Kazán, un dos principais focos de oposición ao zarismo. Lenin foi detido por realizar protestas contra o réxime autocrático de Nicolás II chegando a ser expulsado da universidade. Tivo que estudar por libre e converteuse en abogado das causas de campesiños e obreiros. Coñeceu as obras de Marx e Engels na que se baseará a súa práctica política. De feito, difunde entre os obreiros as formas de loita revolucionaria. Foi deportado a Siberia pola súa ideoloxía contraria ao zarismo. No desterro escribe parte da súa obra teórica. O "Domingo Sanguento" de 1905, Lenin atopábase exiliado en Suiza. En 1917, tras a revolución de febreiro, non tomou parte no goberno provisional que estivo nas mans de Kerensky. Neses meses Lenin presenta "As teses de abril" donde plasma a súa ideoloxía contraria a da burguesía instalada no poder. Coa revolución de outubro Lenin convírtese en Presidente do Consello de Comisarios do Pobo. Foi o primeiro dirixente bolxevique da recén creada URSS. A saúde de Lenin comeza a resentirse desde finais de 1921. Sofre unha hemorraxia cerebral en xaneiro de 1924 que lle producíu a morte. As loitas polo poder entre Trotsky e Stalin darán lugar a unha nova etapa na historia da URSS. Lenin foi embalsamado e depositado na Praza Vermella. Hoxe en día aínda pódese visitar.
Alejandro Vázquez

No hay comentarios:

Publicar un comentario