"A muller da raia verde" é un retrato da muller de Matisse, un dos principais artistas do século XX. É creador do Fauvismo, unha das revolucionarias vangardas de comezos de século. O nome de Fauvismo procede de fauves, feras e a principal característica desta corrente é a explosión de cores independentes do obxecto do cadro. Esta arte revolucionaria supón unha ruptura na arte e a busca de novos camiños na pintura. "A muller da raia verde" é un retrato colorista no que a muller do artista posa seria, desviando a mirada e ofrecendo ao espectador unha sensación de tranquilidade e o mesmo tempo de tensión debido á raia verde que cruza a súa face e a divide en dous. As cores do retrato non corresponden cunha representación realista. Esta obra causou o horror dos visitantes do Salón de Outono dos fauvistas. Foi considerada unha provocación debido á gama de cores utilizada. Outras obras de Matissse sn "A alegría de vivir", "A habitación vermella" ou "A danza" entre outras.
Paula Fernández
Paula Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario