martes, 26 de junio de 2012

A historia no cine: "Good bye Lenin"


Película do ano 2003 dirixida por W. Becker que amosa a caida do muro de Berlín e a reunificación alemaña cunha mestura de drama e humor. En 1989, antes da caida do muro, a nai de älex, orgullosa socialista, entra en coma. Cando esperta, meses despois, o seu fillo fará todo o posible para que a súa nai non descubra os grandes cambios que tiveron lugar a; a caida do muro, o fin da RDA e  a renificación nunha Alemaña capitalista.
Esta película formou parate do traballo sobre a caida do mundo comunista e exposto polos abaixo asinantes. 
Cristina Rojo, Sandra Gómez, Paula Fernández e Martín Mejuto

lunes, 25 de junio de 2012

Historia e cine: 14 Kilómetros

Magnífica película dirixida por Gerardo Olivares e estreada en 2007. 14 Kilómetros son os que separan ó continente africano de Europa. Con Violeta, Buba e Mukela percorremos a longa e perigosa viaxe a través do deserto do Sahara para coñecer o que hai detrás do que nos amosan os medios de comunicación. Todos vemos as imaxes da chegada de pateras ata as costas de Canarias e de Cádiz, sen embargo descoñecemos o drama inmenso que hai detrás. Este filme nos transmite todo ese drama que ten como obxectivo a busca dun sono: escapar da pobreza e da fame para intentar chegar a un mundo mellor. 
Esta película formou parte do traballo sobre o Terceiro Mundo realizado na materia de Hª Contemporánea e exposto por Tamara Vázquez, Sandra Núñez e María Rico.

A historia no cine: "Invictus"


"Invictus" é un filme dirixido por Clint Eastwood en 2009 e protagonizado por Morgan Freeman no papel de Nelson Mandela. Tras o final do Apartheid, o novo presidente do país e figura de primeiro orde contra a política de segregación, Nelson Mandela, trata de acadar a convivencia e a reconciliación de brancos e negros a través do Mundial de rugby celebrado en Sudáfrica en 1995. A victoria de Sudáfrica na Copa Mundial  convírtese no medio para acadar unha cohesión pacífica grazas o deporte.
Apartheid significa separación. Aparece en 1944 para designar a política de segregación racial e da organización territorial aplicadas en África Sur, un estado multirracial, ata 1990. O obxectivo era separar as razas no terreo xurídico establecendo unha xerarquía na que a raza branca dominaba o resto. A poboación negra estaba privada da cidadanía e dos dereitos civís e políticos. O principio do fin do Apartheid tivo lugar co presidente branco De Klerk en 1991. A poboación negra recuperaba así os seus dereitos. O proceso culminou coa chegada de Nelson Mandela á presidencia do país.  tras vintesete anos de cárcere. 
A película amósanos a complexa situación tras o fin do apartheid en Sudáfrica e a política de reconciliación nacional que fomentou Mandela. 
Alba González, Dana Gargía, Javier García e Álex Vázquez

lunes, 28 de mayo de 2012

Unha imaxe que percorreu o mundo

 

Nesta imaxe  podemos ver o terror e o sofrimento dos nenos vitimas da Guerra de Vietnam. O 8 de xuño de 1972 un avión de Vietnam do Sur bombardeou con napalm á poboación de Trang Bang, unha localidade situada a 40 Km de Saigón. Coa roupa en chamas, unha nena de nove anos xunto a outros nenos da aldea fuxen do infermo. A nena que corre espida chámase Phan Ti Kim Phuc e as súas roupas consumíronse polo lume. A famosa imaxe foi rexistrada polo fotógrafo Nic Ut. Xunto a outros compañeiros de traballo a cubriron con mantas para logo darlle asistencia médica. A nena sobrevivíu despois de anos de inxertos e de operacións.  Ao día seguinte do bombardeo esta imaxe foi portada en todos os diarios do mundo.

Isabel G. Piñeiro

viernes, 25 de mayo de 2012

Protestas contra a Guerra do Vietnam en Saigón



Na imaxe sacada o 11 de xuño de 1963 (durante a guerra de Vietnam, conflicto da Guerra Fría) aparece Quang Duc, un monxe budista, que se prendeu lume nunha rúa de Saigón para protestar pola presunta persecución dos budistas polo goberno de Vietnam do Sur.Como nomeo antes, a foto pertence á guerra de Vietnam (1945-1954-1975), conflicto da Guerra Fría (1945, fin da II G.M-1991, fin do comunismo na URSS). A Guerra Fría foi unha guerra ideolóxica modelo de relacións internacionais que se desenvolveu tras a II G.M e que se basaba nun constante antagonismo de bloques liderados por EEUU e a URSS. Nela enfrontanse dous modelos ideolóxicos, políticos e económicos (capitalismo e comunismo) dando lugar a unha tensión permanente que estala en conflictos localizados en Cuba, Alemania, Corea e Vietnam (ó que pertence a foto) A Guerra de Vietnam comeza en 1945, cando as forzas comunistas (Vietminh) proclaman a independencia e se inicia unha guerra aberta entre os comunistas e Francia (xa que a península de Indochina era unha colonia francesa). A guerra finaliza en 1954, creándose un Vietnam norte comunista e un Vietnam sur occidental. Coa retirada francesa, EEUU envía continxentes militares en apoio de Vietnam sur para evitar a reunificación dun Vietnam comunista. A guerra rematou en 1975, coa retirada dos EEUU e a unificación de Vietnam nun país comunista ata hoxe.
Sandra Núñez

Imaxes que conmoveron ó mundo: A Guerra do Vietnam



Esta é unha das imaxes máis impactantes da Guerra do Vietnam. A fotografía foi tomada por Eddie Adams, daquela  fotógrafo de AP o 1 de febreiro de 1968. O home que ten  a  pistola na  man é o xeneral  Nguyen Ngoc Loan, da  policía survietnamita. A este apunta a   un prisioneiro do Vietcong, recén  capturado polo xeneral e está a punto de ser executado.Todo ocurriu  durante o segundo día da denominada como ‘Ofensiva del Tet’. O Vietcong acababa de asasinar  a 34 persons, en súa maior parte axentes da policía nacional  e os seus  familiares. Esta imaxe convertiuse nunha icona da cruenta Guerra do Vietnam, sendo a representación máis evidente da ausencia dos dereitos inalienables e inviolables do individuo. O exército dos EEUU non  foi  capaz de controlar aos seus  aliados de Vietnam do Sur, tan sanguinarios como o seu inimigo, Vietnam do NorteUna complexa situación política contenida nunha imaxe que nos impacta enormemente xa que estamos asistindo en directo a unha execución. Os movementos pacifistas tomaron  a imaxe como representación da brutalidade dunha  guerra sen sentido, como arma arroxadiza contra o  goberno. 
Iria Fontao


Imaxes que conmoveron ó mundo: O conflito de Vietnam


Esta foto representa o terror, o espanto e o sufrimento vivido coa cruenta  a Guerra do Vietnam. Situada en abril de 1969, unha muller de Vietnam do Sur chora desesperadamente sobre o corpo do seu home, o cal foi atopado, xunto con outras 47 persoas, nunha fosa común, preto de Hue (Vietnam). Este conflito conextualízase na denominada Guerra Fría, un período que se desenvolveu tras a II Guerra Mundial e que se caracterizou pola existencia dun permanente antagonismo de bloques, liderados pola URSS e os EE.UU e, polo tanto, de dous sistemas políticos, económicos e ideolóxicos moi diferentes: Comunismo fronte Capitalismo. O resultado desta confrontación foi a existencia dunha gran tensión permanente en todo o mundo, que acabou por explotar, e que se viu reflectida co estalido de varios conflitos localizados en todo o mundo, sendo a Guerra do Vietnam un dos máis importantes. A Península de Indochina, na cal se atopa Vietnam, acabou convertíndose nunha colonia francesa ao finalizar a II Guerra Mundial. Tras esta, no mesmo 1945, as forzas comunistas, denominadas Vietminh, proclamaron a independencia, orixinando unha guerra aberta entre os comunistas e a súa metrópole, Francia. Nove anos máis tarde, no 1954, o territorio quedou dividido en dúas zonas: un Vietnam Norte comunista e un Vietnam Sur occidental. Coa retirada francesa, os EE.UU decidiron enviar apoios á parte Sur para así evitar a reunificación dun Vietnam comunista. Sen embargo, o conflito rematou en 1975 coa retirada dos exércitos estadounidenses, ao non ser capaces de deter ás guerrillas vietnamitas (denominadas Vietcom), e Vietnam acabou por unificarse, como quixeron os Vietminh nun principio, nun país comunista ata o día de hoxe.
María Rico